Responsable de administración e finanzas

O Porriño.
,
Pontevedra
Fecha de la oferta
Vacantes
1
Descripcion de la oferta

Empresa do sector de conxelados busca incorporar ao seu persoal a un/a responsable administración e finanzas.

Requisitos:

  • Formación universitaria e/ou posgrao en administración e finanzas.
  • Manexo ERP libra ou similar
  • Nivel alto en manexo de ferramentas ofimáticas e idiomas: inglés e valoraranse outros.
  • Experiencia en posto similar ou na área de administración e finanzas.

Funcións:

  • Elaboración dos estados contables mensuais da empresa e calquera outro informe: plan orzamentario financeiro anual, desenvolvemento de plans negocio frío e fábrica e potenciais oportunidades de crecemento da empresa. Control e xestión do seguimento de orzamento. Asistencia ao proceso de auditoría de contas
  • Coordinarse cos demais departamentos da empresa para recoller a información necesaria para elaborar os informes citados anteriormente.
  • Coordinar e responder da disciplina do persoal ao seu cargo, e distribuír e organizar o traballo do departamento de administración
  • Xestión de cobros e pagos, puntas de tesouraría e necesidades de capital. Relación con entidades financeiras que forman o pool bancario e outros acredores financeiros. 
  • Facturación e atención a clientes. Control e xestión cobros, análise risco clientes. Relación con entidade de caución.
  • Cumprir coa presentación da documentación segundo o calendario fiscal.
  • Recepción de reclamacións de facturas de clientes e dar solución ás mesmas en breve prazo.
  • Contabilidade e rexistro de todas as transaccións que se produzan na empresa.
  • Supervisión da xestión do depósito aduaneiro: relación con despachantes de aduanas e autoridades aduaneiras.
  • Resposta a solicitudes e atención a organismos oficiais (axencia tributaria, aduanas, industria, etc.)
  • Implantación sistema control custos distintas áreas negocio (frío, produción…), seguimento do custo de produción e do servizo e análise desviacións.
  • Xestión RRHH – implantación portal empregado.
  • Dixitalización procesos administrativos.

Ofrece: 

  • Contrato indefinido.
  • Xornada completa.
  • Salario a convir.