Precoléxiate

Cota Gratuíta para precolexiados!

Ser precolexiado é gozar de gran parte das vantaxes da colexiación de forma gratuíta. Unha vez que termines os teus estudos e despois de pertencer ao noso colectivo durante ese tempo poderás decidir se queres continuar connosco e formar parte da nosa comunidade.

 

 

Precolexiate

 

 

 

Todo son vantaxes. Ofrecémosche formación especializada, regrada e práctica orientada ao emprego. Axudámosche a confeccionar o teu CV, poñemos á túa disposición a nosa bolsa de traballo, asinamos convenios con empresas e institucións que contemplan prácticas profesionais para mozos colexiados. Dámosche acceso a información profesional e biblioteca. Defendemos os intereses xerais da profesión e os intereses profesionais dos colexiados. Gozarás dunha rede colexial e a diversidade de perfís de 1.600 colexiados potenciarán o teu desenvolvemento. As túas mensaxes terán unha personalidade ben diferenciada e valor engadido usando a marca corporativa “economistas”. Ofertas, descontos e acceso a produtos e servizos en condicións vantaxosas para os nosos colexiados e outros servizos como trámites electrónicos, servizos AEAT, listas TAP, etc.

 

 

Como precolexiarte en dous clics!

Cobre o FORMULARIO de PRECOLEXIACIÓN indicando no apartado "Estado laboral": ESTUDANTE.

 

Precolegiate​​​​​​