O Colegio de Economistas de Pontevedra entrega as súas Insignias de Ouro e Prata e recoñece aos novos colexiados
O Colegio de Economistas de Pontevedra celebrou o pasado venres, 3 de xullo, no Parador de Baiona a súa tradicional Cea de Confraternidade de verán na que se entregaron os títulos aos novos/as colexiados/as e aos economistas eméritos; ademais das Insignias de Ouro e Prata.
Á gala asistiron a decana-presidente do Colexio de Economistas de Pontevedra, Lucy Amigo, e os ex decanos Antonio Lijó, Juan Santamaría e Luis Navaza.
Lucy Amigo, acompañada do vicedecano Rubén López Paz, fixeron entrega na gala dos títulos de Economistas aos novos colexiados: José Mario Rodríguez Amigo, Lucero Dámaso, Javier Octavio Orozco e Antonio Chayán.
A continuación, foi distinguido como Economista Emérito Óscar Fernando Gonda.
As Insignias de Prata foron para:
- Alberto Roma, CEO de IDC Caldas e que forma parte da Xunta Directiva do Colexio
- María del Mar Ferreira, de Sogal Auditores
- María do Rosario Quiñones, especialista en informática de xestión
- María Consolo Rivas, experta en consultoría ambiental.
- Abel Roberto Barredo, de Quattro Asesoría
- Óscar Fernando Gonda, experto en asesoría fiscal e contable
- Mónica Vale, vogal do Colexio de Economistas e traballadora do Concello de Ponte Caldelas
- Ana Rey, administrativa
- Pablo Castelao, asesor fiscal
- Ana Carmen Naveiro, responsable de Contabilidade e RRHH en Hotel Carlos I de Sanxenxo
A gala da cea de verán recoñeceu tamén coas Insignias de Ouro a:
- Miguel Ángel Capón, ex alcalde de Tui e asesor fiscal en Capón Consultores
- José Manuel Almudí, de Santaz Censa
- Álvaro Fernández, experto en auditoría e asesoría
Ao finalizar a entrega de distincións, celebrouse un sorteo de dúas viaxes entre as persoas asistentes, coa colaboración de Viaxes Margali.
