Lucy Amigo, foi renovada no cargo de decana do Colexio de Economistas da provincia de Pontevedra

Elecciones
30/08/2023
Decana Lucy Amigo Dobaño

O xoves 15 de xuño tivo lugar a renovación da xunta de goberno do Colexio de Economistas de Pontevedra, no que Lucy Amigo foi renovada como decana da institución para o próximos catro anos. 

No Colexio de Economistas de Pontevedra, renovamos a nosa Xunta Directiva, na que Lucy Amigo resultou proclamada como Decana do mesmo, unha vez deuse por finalizado o proceso electoral no que se presentou unha candidatura única, encabezada por ela. 

A decana ostentará o cargo durante o próximos catro anos, xunto cun equipo multidisciplinar de profesionais altamente cualificados en diversas áreas de especialización do ámbito da economía e a empresa.

Lucy Amigo é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, especializada en Economía pública e, ademais, é doutora de Economía pola Universidade de Vigo, sendo profesora titular do devandito centro no departamento de Economía Aplicada. 

A nova xunta de goberno da institución conta nos postos de primeiro nivel, como vicedecano-vicepresidente primeiro, Félix Rodríguez Regueiro; vicedecano-vicepresidente segundo, Rubén A. López Paz e como secretario xeral, Manuel Sánchez Rodríguez.

Os obxectivos principais expostos para o próximos catro anos son o de dar apoio e cobertura aos profesionais da economía e a empresa, dos diferentes ámbitos, tanto a profesionais que desenvolven a súa actividade na empresa pública ou privada, docencia e investigación e funcionariado entre outros. 

Tamén se fomentarán as sesións de debate e reflexión, na formación especializada ou no fortalecemento da relación coas universidades.