Cea confraternidade verán 2023

09/10/2023
Cea de confraternidade

Como todos os anos, hoxe venres 30 de xuño, celebramos a cea de confraternidade cos nosos colexiados, na cal anunciamos a incorporación dos novos que se nos uniron, así como recoñecemos a aqueles colexiados que levan anos formando parte da nosa comunidade.

Un motivo de festexo que este ano celebramos no marco incomparable do Hotel Talaso Atlántico de Oia, cuxas vistas desde a terraza onde gozamos dos petiscos, formaron parte de múltiples conversacións.

A cea, propiamente dita, realizouse no salón, onde tamén tivo lugar a entrega de recoñecementos e premios, porque si, este ano volvemos retomar a tradición de sortear diferentes obsequios entre os máis de 100 colexiados asistentes.

Os premios repartidos foron os seguintes:

  • 1er premio, cortesía do Colexio de Economistas de Pontevedra, consistente nunha Viaxe de 5 noites para 2 persoas a Tenerife, con voos, traslados, hotel e almorzo incluídos.
  • 2º premio, patrocinado por Viaxes Margali, consistente nun fin de semana para 2 persoas nun hotel 4 estrelas de Galicia ou do norte de Portugal, con almorzo e acceso ao spa incluídos.
  • 3er premio, patrocinado por ABANCA consistente nunha escapada para 2 persoas no Hotel Talaso Atlántico.
  • 4º e 5º premios, patrocinados polo Hotel Talaso Atlántico que inclúe, cada un deles, unha escapada para 2 persoas no devandito hotel.
  • Realmente gozamos dunha velada fantástica, nun ambiente de gran camaradería.

Galeria deimagenes