Acto de gradación facultade de Comercio da Universidade de Vigo 2023

09/10/2023
Acto de gradación comercio

Acto de gradación da Facultade de Comercio 2023
X promoción do Grao en Comercio, XV do Máster en Comercio Internacional e XII promoción do Máster en Dirección de PEMES

O acto de gradación das novas promocións de grao en Comercio, máster en Comercio Internacional e máster en Dirección de Pemes, celebrouse o 22 de xuño no Pazo de Congresos Mar de Vigo. Actuaron como padriños de cada unha das titulacións Jacinto González Dacosta, Ana Díaz-Becerra e Federico M. Miretti Oderiz que se atopaban na presidencia co alcalde de Vigo, Abel Caballero, a secretaria xeral da Universidade, María José Bravo e a secretaria da Facultade de Comercio, María Jesús Barsanti. O Colexio estivo representado nesta ocasión por Pilar López Vidal e José Fernández Juncal, membros da xunta de goberno do Colexio de Economistas de Pontevedra.

 

Galería de fotos