Acto de gradación ADE e Economía 2021 - 2022

09/10/2023
Acto de gradación de ADE. O Colexio de Economistas Entrega o premio ao mellor expediente do curso 2021-2022

Acto de entrega dos premios extraordinarios aos mellores expedientes do curso 2021 - 2022

Os pasados 15 e 16 de xuño tiveron lugar os actos de gradación das carreiras de ADE e Economía respectivamente, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, onde o noso Colexio de Economistas de Pontevedra estivo representado en ambas as xornadas pola Decana Lucy Amigo, acompañada na última por Cristina Arcos Martínez membro tamén da Xunta.

En ambas as cerimonias, encargámonos de facer entrega dos Premios Extraordinarios aos mellores expedientes do Fin de Grao 2021-2022, que nesta ocasión recaeron en Pablo Outeiros Rodríguez (Grao en Economía) e Ana María Aído Vázquez (Grao en ADE).

Desde o Colexio de Economistas de Pontevedra queremos dar o parabén publicamente a todos os novos graduados e pornos á súa enteira disposición para acompañares e asesorarlles no seu futuro profesional, animándoos tamén, a que formen parte da nosa corporación como Economistas.

Documentos