Homenaxe ao noso colexiado Antonio Rodríguez Lijó nos Premios da Unión Profesional de Galicia
A Unión Profesional de Galicia celebrou o pasado sábado, 20 de xuño, no Hotel Oca Porta do Camiño de Santiago de Compostela o acto de entrega dos seus Premios á Excelencia e Compromiso Profesional 2026, no cal o Colexio de Economistas de Pontevedra homenaxeou ao noso colexiado Antonio Rodríguez Lijó, histórico ex director do Corte Inglés de Vigo.
Na gala, con destacada presenza institucional encabezada por José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, fíxose entrega do Premio de Unión Profesional de Galicia 2026 a Pablo Junceda, director xeral de Banco Sabadell Galego.
Dentro da distinción do noso sector, a decana do Colexio de Economistas de Pontevedra e presidenta do Consello Galego de Economistas, Lucy Amigo, destacou a traxectoria do noso colexiado, Antonio Rodríguez Lijó.
Vinculado durante máis de tres décadas da súa vida profesional ao Corte Inglés, onde foi xefe de contabilidade, xefe de organización, director administrativo e director xerente con categoría de subdirector, foi un dos grandes impulsores do centro comercial en Vigo, pioneiro en Galicia.
Rodríguez Lijó destaca por unha extensa experiencia profesional, inspiradora para as novas xeracións, e que comezou en Aycasa en pleno proceso de fusión de estaleiros. Así mesmo, traballou noutro sector de referencia en Galicia, o conserveiro, en Antonio Alonso (Palacio de Oriente).
No evento, o conselleiro José González agradeceu o labor da Unión Profesional de Galicia, que agrupa a máis de 46 colexios profesionais, o que supón que, á súa vez, representa a máis de 90.000 profesionais de distintas profesións en Galicia, entre elas os e as economistas.