Resumo do Curso sobre o Imposto especial sobre os Envases de Plástico non reutilizables

01/02/2023
curso imposto envases de plastico

É común que os gobernos adopten medidas para reducir o uso de plástico non reutilizable e fomentar a sustentabilidade ambiental. Estas medidas poden incluír impostos especiais, programas de reciclaxe e campañas de concientización. 

En España, desde o 1 de xaneiro de 2023, entrou en vigor un novo Imposto sobre Envases de Plástico non reutilizables. Este imposto é un tributo de recente creación que está destinado a fomentar a reciclaxe dos residuos plásticos. Desde o Colexio de Economistas de Pontevedra e en modalidade mixta (presencial e online) decidimos organizar un curso que se celebrou o pasado 23 de xaneiro de 2023 para manter informados os nosos economistas.

No curso definiuse que son e cales son os envases de plástico non reutilizables e que características deben ter para que si o sexan, sobre cales son os envases que gravan e sobre as obrigacións de pago segundo as características do envase.

Ademais, profundouse en como opera o imposto en cada fase, xa sexa fabricación, importación ou adquisición intracomunitaria, así como nas obrigacións formais do imposto, tanto para os adquirientes non fabricantes como para os fabricantes. Comentáronse tamén os beneficios fiscais relacionados ao imposto facendo referencia ás deducións e devolucións sen deixar ao carón os problemas na implementación práctica do mesmo.

Un curso que tivo como obxectivo principal dar a coñecer toda a información sobre elementos básicos do imposto, base Impoñible, tipo impositivo, cota tributaria e como se calcula a cota do imposto da man de D. Eduardo Rodríguez Magdalena, avogado e Counsel en Garrigues S.L.P e Dna. Silvia Pérez Inés, avogada e asociada principal en Garrigues S.L.P.