Acto de Ingreso de Juan José Santamaria Conde como académico da Real Academia de Farmacia de Galicia (RAFG)

27/02/2023
Ingreso de Juan José Santamaria Conde como académico da Real Academia de Farmacia de Galicia (RAFG)

Na tarde de onte, unha representación do Colexio de Economistas, entre quen se atopaba a nosa Decana, Lucy Amigo, asistiu ao acto de Ingreso do Juan José Santamaria Conde como académico da Real Academia de Farmacia de Galicia (RAFG). 

Este acto tivo lugar na sede da devandita Academia no antigo Hospital San Roque, rúa San Roque, 2. Baixo, en Santiago de Compostela.

O discurso de ingreso versou sobre a NATUREZA XURÍDICA E RÉXIME ECONÓMICO DAS REAIS ACADEMIAS, do cal nos puidemos levar un exemplar dedicado, os asistentes ao mesmo e do que temos o gusto de contar na nosa biblioteca colexial para consulta de todos aqueles interesados na súa lectura.

Unha vez máis queremos trasladar as nosas felicitacións ao novo académico correspondente da RAFG.

Acto de ingreso   

Un emotivo acto onde se recoñece a dedicación académica e profesional de Juan Santamaría á Farmacoeconomía, dentro da Economía da Saúde ao longo de case  50 anos.