Logotipo do Colexio de Economistas de Pontevedra

Outras institucións colexiais

De ámbito nacional

Consello Xeral de Colexios de Economistas de España

logoticpo economisrasEste Consello Xeral agrupa, coordina e representa no ámbito nacional e internacional aos trinta e tres Colexios de Economistas existentes en España. Ordena o exercicio profesional, de acordo co establecido polas Leis, e defende e protexe os intereses dos economistas.

A sede social do Consello atópase na rúa Claudio Coello, 18-1º principal. 28001 Madrid. Tel.: 91 432.26.70. Fax: 575.38.38. E-mail: consejogeneral@economistas.org

A través deste Consello Xeral e baixo a súa dependencia, creáronse as seguintes institucións, como órganos técnicos especializados, cuxa sede social está situada na mesma dirección que o Consello (Claudio Coello, 18), que a nivel nacional integran e coordinan a actividade dos economistas especializados no exercicio profesional de cada unha destas ramas.

Rexistro de Economistas Auditores (REA)

Rexistro de Economistas Asesores Fiscais (REAF)

Rexistro de Economistas Forenses (REFor)

Rexistro de Auditores de Sistemas de Información (RASI)

Organización de Economistas da Educación (OEE)

Os colexiados que estean interesados, poderán inscribirse nestes órganos especializados, que están regulados polos seus propios estatutos ou regulamentos, sendo necesario o abono da cota establecida en cada un deles.

De ámbito autonómico

O Consello Galego de Colexios de Economistas nace por vontade expresa dos catro Colexios de Economistas de Galicia -A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra-, constituíndo unha nova institución que facilita a comunicación coa Administración Pública en todos os seus niveis, así como a concreción de acordos e convenios que beneficiarán aos case 4.000 colexiados galegos.

A actividade do Consello iníciase coa organización do I Congreso de Economía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, para o que conta coa colaboración e apoio da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia. Celebrarase os días 25 e 26 de setembro de 2008, nas instalacións do centro socio-cultural de Caixanova, en Vigo.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade