Logotipo do Colexio de Economistas de Pontevedra

Publicidad

Nova plataforma de formación online. Proximamente anunciaremos os cursos impartidos en formato non presencial.

Órganos de goberno

Xunta Xeral

A Xunta Xeral é o órgano supremo do Colexio, composto por todos os colexiados, que teñen dereito de asistencia con voz e voto a todas as reunións ordinarias e extraordinarias que se celebren.

A Xunta Xeral convócase con carácter ordinario dúas veces ao ano, de acordo cos Estatutos. A primeira, dentro do seis primeiros meses, para coñecer a Memoria sobre actividades do ano anterior e aprobar, se procede, as contas anuais do exercicio anterior formuladas pola Xunta de Goberno. A segunda, dentro do último trimestre, para aprobar, se procede, o proxecto de orzamento ordinario de ingresos e gastos.

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno do Colexio de Economistas asume a plena dirección e administración do Colexio para a consecución dos seus fins, con arranxo ás facultades que ten atribuídas polos Estatutos. Está constituída por un decano-presidente, un vicedecano-vicepresidente, un secretario, un vicesecretario, un tesoureiro, un contadorr-bibliotecario e oito vocais, elixidos democraticamente por un período de catro anos.

Documentos

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade