Logotipo do Colexio de Economistas de Pontevedra

Comisións de traballo

A diversidade no exercicio da profesión de economista fai que existan grupos con necesidades diferenciadas segundo a rama da actividade e a situación profesional.

Co fin de poder prestar un mellor servizo aos colexiados, creáronse distintas Comisións que se articulan como Grupos de Traballo que se reúnen periodicamente para expor, debater e elevar aos órganos de goberno do Colexio as súas necesidades. Cada unha delas está presidida por un membro da Xunta de Goberno que serve de enlace entre a propia Xunta e a Comisión, á vez que coordina as súas actividades.

Calquera colexiado pode participar nas reunións do seu interese sen máis requisito que confirmar previamente a súa asistencia, igualmente pode facer chegar ao Colexio os temas que queira canalizar ás Comisións.

Comisión de Auditoría-Sección REA: Ten como obxectivo potenciar ao Economista que exerce a auditoría, e axudar a aqueles que queren acceder á profesión.

Comisión Fiscal: Dá apoio aos economistas que exercen esta rama da profesión atendendo á súa problemática específica.

Comisión Forense: A súa misión principal consiste en potenciar a imaxe e mellorar a cualificación do Economista que realiza traballos no ámbito xudicial e forense (actuacións xudiciais, periciais ou como experto independente). Ademais a Comisión Forense encárgase de xestionar a Quenda de Actuación Profesional.

Comisión de Economistas Profesionais por conta allea: esta é a Comisión de máis recente creación, foi promovida pola Xunta de Goberno coa finalidade de abrir unha liña de actuación destinada a satisfacer en maior medida as necesidades de todos aqueles colexiados que non exercen a actividade por conta propia, senón que están no ámbito da empresa, as institucións ou buscando emprego. Neste sentido a Comisión plántese un dobre obxectivo:

  • Ampliar os servizos colexiais, incorporando novas actividades en beneficio e interese dos colexiados.
  • Reforzar a oferta formativa, no que concierne á área profesional relacionada co exercicio por conta allea.

Cada unha das Comisións encárgase, ademais, de propor á Escola de Economía as actividades formativas que competen ao seu ámbito específico.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade