Logotipo do Colexio de Economistas de Pontevedra

Sistemas REDE-TGSS

Descrición do sistema REDE:

REDE (Remisión Electrónica de Datos) é sistema cuxa misión é permitir o intercambio de información e documentos entre a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS) e os usuarios a través de Internet.

Por medio de REDE pódese entrar en contacto directo coa TGSS, permitindo o acceso a datos de empresa e traballadores, así como a remisión de documentos de cotización e afiliación e partes médicos. Elimínase así o circuíto de papel, mellorando a calidade dos datos e evitando as esperas nas oficinas da Administración.

Os ámbitos de actuación que abarca este servizo, son os seguintes:

  • Cotización: presentación de documentos das series TC2 (Relación nominal de traballadores), tramitación de saldos acredores, e ingreso das cotas mediante domiciliación en conta ou pago electrónico.
  • Afiliación: altas, baixas, variacións de datos de traballadores, así como consultas e petición de informes relativas a traballadores e empresas.
  • Tramitación dos partes de alta e baixa médica de AT e EP, así como os partes de confirmación, ao Instituto Nacional da Seguridade tanto derivados de continxencias comúns como de continxencias profesionais.

O usuario pode realizar estas xestións e recibir mensaxes da TGSS desde o seu propio despacho, sen necesidade de desprazarse e sen as limitacións de horario de oficinas. Ademais elimínase o circuíto do papel, mellorando a calidade dos datos e evitando esperas nas oficinas da Administración.

Usuarios:

O sistema REDE pode ser utilizado polas empresas, agrupacións de empresas, entidades e organismos con concerto sanitario, e profesionais colexiados, entre os que estamos recoñecidos os economistas. Para iso é necesario solicitar previamente a oportuna autorización.

Procedemento de solucitud de autorización para operar co sistema REDE:

En primeiro lugar o interesado debe acreditar a súa identidade de forma presencial mediante DNI nas oficinas de certificados dixitais da Seguridade Social, para solicitar o CERTIFICADO SILCON que permite a realización de xestións a través de INTERNET, garantindo a seguridade das comunicacións e outorgando validez legal a calquera transacción electrónica que se realice coa TGSS.

Unha vez obtido devandito certificado deberá presentarse ante a TGSS a seguinte documentacion (presencialmente ou por fax):

  • Solicitude de autorización. Modelo oficial TA.101_1
  • Fomulario de remisión de datos técnicos. Modelo oficial TA.101_2
  • Fotocopia do DNI do titular da autorización.
  • Solicitude de usuario secundario. Modelo oficial TA.102. Só para aqueles casos en que se solicite ademais do usuario principal da autorización usuarios secundarios (por cada usuario secundario solicitado deberase acompañar fotocopia do DNI e dirección de correo electrónico).
  • Certificado de colegiación. Este certificado será remitido directamente polo Colexio de Economistas á TGSS sen máis que solicitalo: cursar solicitude (facer constar nome e apelidos no texto da mensaxe).

Importante:

Para a utilización do sistema REDE é necesario dispor dunha conta de correo electrónico de calidade e de uso exclusivo para o sistema.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade