Logotipo do Colexio de Economistas de Pontevedra

Servizos AEAT colexiados

Convenio de colaboración coa AEAT

O Colexio de Economistas de Pontevedra, a través do convenio de colaboración coa Axencia Tributaria, facilita a todos os seus colexiados a utilización dos medios telemáticos da AEAT para a realización on-line de xestións propias e en representación de terceiros, entre outras:

  • Xestión informatizada de declaracións tributarias.
  • Pago de impostos. 
  • Consulta de débedas.
  • Emisión de etiquetas.
  • Outras xestións como adiamentos, solicitude de certificacións, notificacións, denuncias, etc.

 

Procedemento para acceso aos servizos

1.- Solicitude do certificado dixital que emite a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

2.- Impresión do código que xera a solicitude.

3.- Solicitude persoal nas dependencias da AEAT presentando a seguinte documentación:

  • NIF
  • Código da solicitude

 

4.- Descarga do certificado dixital directamente no mesmo ordenador no que se cursou a solicitude.

5.- Na páxina web da Axencia Tributaria solicitar: "Alta no censo de colaboradores sociais".

 

Este convenio tamén é extensivo a sociedades integradas por colexiados (ver condicións)

Ligazóns

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade