Logotipo do Colexio de Economistas de Pontevedra

Plan de Pensións

PLAN DE PENSIÓNS ECONOMISTAS

A través do Convenio establecido entre o Consello Xeral de Colexios de Economistas de España e "a Caixa" ofrécese un plan de pensións de renda fixa, desde 1991, exclusivamente para colexiados, ao que se pode realizar achegas tanto periódicas como extraordinarias.

Como todo Plan de Pensións, goza de interesantes vantaxes fiscais, como é a dedución da base impoñible das achegas realizadas durante o ano e a non tributación no Imposto sobre o Patrimonio polo capital acumulado.

Outra característica deste produto son: flexibilidade nas achegas, información periódica e precisa e flexibilidade nas prestacións, pero a vantaxe principal deste plan/é de pensións con respecto a outros produtos é que ten as menores comisións de xestión e depósito do mercado.

Actualmente están a funcionar dous fondos, denominados Economista Crecemento e Economistas Futuro, e que están deseñados para adaptarse aos diferentes perfís do investidor, segundo a súa idade e o grao de risco que desexe asumir en cada momento, mediante o investimento da totalidade dos seus recursos, o primeiro en renda fixa e o segundo en renda variable.

    Ambos os fondos constitúen unha estrutura flexible de investimento coa que o partícipe poderá elixir entre os dous plans de pensións o que máis se adapte ás súas necesidades financeiras, ou ben realizar, en cada momento, unha combinación entre os dous produtos co obxectivo de diversificar o risco dos seus investimentos, sen ningún custo final.

 

Acceso a unha ampla información dos Plans de Pensións de Economistas desde www.lacaixa.es ou no teléfono 902 222 118 ou 914 326 827 (Fernando Montero). 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade