Logotipo do Colexio de Economistas de Pontevedra

Requisitos

ESPAÑOIS E OUTROS CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA

Haberán de cumprir algunha das seguintes condicións:

  • Estar en posesión da titulación adecuada para o exercicio da profesión e non ter ningún impedimento legal.
  • Que obtivesen do Ministerio de Educación e Cultura a convalidación dun título estranxeiro por algún dos anteriores.
  • Que obtivesen do Ministerio de Economía e Facenda o recoñecemento dun título dun país da Unión Europea, para o exercicio da profesión de Economista..
    (Sistema regulado pola Orde do Ministerio da Presidencia de 19 de Maio de 1995, que desenvolve o R.D. 1665/91, en aplicación da Directiva da UE relativa ao recoñecemento de títulos universitarios de máis de tres anos de duración).

 

ESTRANXEIROS, NON CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA

Han de cumprir unha das seguintes condicións:

  • Obter a convalidación dun título estranxeiro por algún dos que facultan para o exercicio da profesión.
  • Ter dereito de reciprocidad para o exercicio da profesión, condición que se adquire por unha das seguintes vías:
    • Pola existencia dun Tratado entre o seu país de orixe e España.
    • Pola achega, por parte do interesado, dun certificado expedido pola asociación profesional do país correspondente, admitindo que un titulado español podería exercer no seu país.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade