Logotipo do Colexio de Economistas de Pontevedra

Precolegiados

 

REQUISITOS:

 

Poderán inscribirse como Precolegiados, os alumnos que se atopen cursando un dos dous últimos cursos das carreiras que facultan para estar colexiado.

 

Para pertencer ao Colexio como precolegiados, deberán presentar debidamente cumprimentada na Secretaría do Colexio:

 

  • Petición escrita da súa precolegiación.

  • Orixinal e fotocopia do xustificante de pago da matrícula.

  • Dúas fotografías.

  • Fotocopia do D.N.I.

     

    Anualmente, deberán remitir ao Colexio, a documentación que acredite que se atopan matriculados nalgunhas das carreiras ás que se fai mención anteriormente. O tempo máximo que poderán permanecer na categoría de precolegiados será de dous anos a partir da data de inscrición.

     

    Fixarase unha cota anual igual á dos Colexiados en paro, que deberán abonar nun só pago coa formalización da súa inscrición (24,00 €).

     

    A cualidade de Precolegiado pérdese:

     

  • A petición propia.

  • Transcorridos dous anos desde a súa inscrición.

  • Por falta de pagamento da cota anual.

  • Por finalizar a carreira.

     

    DEREITOS:

     

    Terán a consideración de Colexiados aos seguintes efectos:

     

  • Asistencia a conferencias e actos públicos que organice o Colexio.

  • Cursos, seminarios, masters e en xeral todas as actividades que organice a Escola de Economía.

  • Acceso á Bolsa de Traballo do Colexio.

  • Envío de circulares, follas informativas, boletíns, etc., que remita o Colexio.

  • Utilización da Biblioteca.

  • Descontos e ofertas, que se consigan para o colectivo.

  • Utilización en xeral, de todos os servizos do Colexio.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade