Logotipo do Colexio de Economistas de Pontevedra

 

 

 

Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Revista Balance

Última publicación Descarga a publicación.

pdf Descárgaa 5.30Mb

Directorio de colexiados

MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO GALICIA

15/03/2020

Nova: MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO GALICIA

 

 Ao abeiro do Plan territorial de emerxencias da Xunta de Galicia, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), acordou as seguintes medidas:

  •  NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
  •  Se tes que realizar algún trámite urxente na túa demanda de emprego, poderás facelo a través da oficina virtual ou poñéndote en contacto telefónico coa túa oficina de   emprego.
  •  Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
  •  Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.

Ademais, cómpre que teñas en conta que, no que se refire ás Oficinas de Prestacións dependentes do SEPE:

  • NON se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o teu dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
  • Habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
  • NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

En calquera caso, dende Emprego Galicia irase actualizando toda esta información á medida que se desenvolva o dito plan autonómico. Podes consultar toda a información e recomendaciones sobre o COVID-19 na páxina web específica habilitada polo SERGAS en relación co coronavirus:

https://coronavirus.sergas.gal/

Podes consultar outras medidas do SEPE no seguinte enlace:

https://www.sepe.es/HomeSepe

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade